Monthly Archives: mayo 2017

HORTO ESCOLAR

A prensa faise eco do traballo realizado no horto do Centro.

 

ROMARÍA SANTA BAIA

Romaría letras galegas 2017

Venres 19 de maio (información e postos)

E a obra de teatro: CARTEL

TALLER DE XABÓN

 

PARA MESTRES, NAIS /PAIS E PERSOAL NON DOCENTE DOS CEIPs DE BOIRO

Para apuntarse, chamar ao 881866595

XOVES 8 DE XUÑO

18:00h a 20:00h na cociña do Centro

 

Coñeceremos os distintos tipos de xabón que se poden facer.

Ecolóxico, usamos aceite usado alimentario, altamente contaminante vertido directamente polo sumidoiro.

Económico, pois a elaboración ten un menor custe que o xabón que mercamos.

Coidamos a nosa hixiene.

 

Se te animas, tes que traer o seguinte material:

– 1 caldeiro pequeno de plástico duro (3 litros apróx.)

– 1 espátula de silicona

– Batidora eléctrica (unha por cada dous participantes)

– 1 utensilio para remexer con mango longo (plástico ou aceiro)

– 4 tetra bricks limpos.

– Mandil.

Organiza:

Biblioteca Escolar

Ceip Santa Baia

Foro ecolóxico de Boiro

Ponente:

Ana Vázquez

 

 

PRAZAS LIMITADAS, por orde de inscrición na secretaría do Centro.

Taller xabón(CARTEL)

 

EXPOSICIÓN TEMÁTICA SOBRE OS MUÍÑOS

 

Co gallo da celebración das Letras Galegas, solicitamos a vosa colaboración aportando aparellos relacionados coa actividade muiñeira (peneiras, cuncas, ferrados, pás…) para realizar unha exposición sobre o tema.

Poderes achegar estes materiais a partir de mañá. A exposición permanecerá no centro durante o mes de maio.

 

O MES DAS NOSAS LETRAS

 

Dende o Concello nos ofertan esta completa programación!

(clica nas ligazóns)

 

O mes das nosas letras 1

O mes das nosas letras 2

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2017

O luns 25 de abril realizamos unha actividade de apadriñamento/amadriñamento lector, na que un alumno/a de 3º, 4º, 5º e 6º contaba un conto ao seu afillado/a de Infantil, 1º e 2º.

Calquera lugar é máxico cando compartes un libro: as escaleiras, un banco, o tobogán…

Para rematar, cantamos xunt@s a canción de Pablo Díaz «O libro».

 

24-4-2017. Padriños lectores.

21-4-2017. Marcha ciclista.

8-3-2017. Muíños de Ponte Goiáns.

Muíños de Ponte Goiáns on PhotoPeach