Monthly Archives: junio 2016

Comunicado MAREA VERDE DO ENSINO

ÁS COMUNIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE GALICIA

Dende a Coordinadora da Marea verde do ensino no Val Miñor poñémonos en contacto con vós para dar a coñecer e invitarvos a participar na 1ª Asemblea da Marea Galega pola Educación Pública que se vai a celebrar o sábado 18 de xuño de 11:00 a 13:00, en Compostela, no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural. Trátase dunha asemblea aberta polo que se poden facer propostas sobre os apartados da orde do día. Nese caso deberedes de remitilas ao correo indicado abaixo poñendo no apartado asunto PROPOSTAS ASEMBLEA. Deben de enviarse coa suficiente antelación para que, se procede e se o tempo dispoñible o permite, se inclúan na mesma.

Pregamos a máxima difusión e reiteramos a nosa máis cordial invitación.

Grazas. Val Miñor, 1 de xuño de 2016.

Coordinadora da Marea póla Educación Pública do Val Miñor mareaverdedoensino@gmail.com

Presentación

Orde do día

 

 

Gañadores!

… «nesta ocasión, o amor triunfou, pero non calquera amor, o amor Incondicional de verdade». E así foi, «Amor InCondicional» triunfou proclamándose o vídeo gañador do proxecto EcoVoz deste ano. Noraboa ao alumnado de 6ºC por implicarse e promover o traballo en equipo! E como non… ao noso polifacético mestre de música, Gus, por ser quen de remover e axitar ás masas en busca dun bo traballo.

🙂

 

amor incon