Archivos día 29 marzo, 2016

Que vén, que ben!

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o polifacético escritor Manuel María Fernández Teixeiro.

Pouco a pouco iranse subindo novos materiais feitos por distintos colexios. Polo tanto, aquí vos deixamos unha gran oportunidade para coñecer a este célebre escritor galego e participar na creación de novo material.

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO. LETRAS GALEGAS 2016.

 

Escoita o noso 1ª Ecopreguntoiro!

O Ecopreguntoiro é un concurso onde nenos/as de 6º curso de distintos colexios responden a preguntas xerais relacionadas cas materias de Naturais e Sociais.  Se premes a continuación poderás escoitar o CEIP SANTA BAIA Vs CEIP LA MERCED (Lugo).

Quen pasaría á seguinte rolda? Entra e compróbao ti mesmo!

 

Pd.- Se queres escoitar os vindeiros programas estate atento os venres de17:30 a 18:00 en RadioVoz.  Nalgún deles emitirase un EcoConsello e unha EcoVisita feita por nós, non volo perdades!!