Monthly Archives: marzo 2016

Que vén, que ben!

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o polifacético escritor Manuel María Fernández Teixeiro.

Pouco a pouco iranse subindo novos materiais feitos por distintos colexios. Polo tanto, aquí vos deixamos unha gran oportunidade para coñecer a este célebre escritor galego e participar na creación de novo material.

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO. LETRAS GALEGAS 2016.

 

Escoita o noso 1ª Ecopreguntoiro!

O Ecopreguntoiro é un concurso onde nenos/as de 6º curso de distintos colexios responden a preguntas xerais relacionadas cas materias de Naturais e Sociais.  Se premes a continuación poderás escoitar o CEIP SANTA BAIA Vs CEIP LA MERCED (Lugo).

Quen pasaría á seguinte rolda? Entra e compróbao ti mesmo!

 

Pd.- Se queres escoitar os vindeiros programas estate atento os venres de17:30 a 18:00 en RadioVoz.  Nalgún deles emitirase un EcoConsello e unha EcoVisita feita por nós, non volo perdades!!

Mes da poesía!!!!

BAIA POEMA

Poema A

 

Poema B

 

 

Poema C

Poemas viaxeiros!

dibujo poesía     O movemento creativo-poético flúe polas clases do CEIP Santa Baia creando poesías de distintas temáticas nas que se van deixando a pegada de tódalas aulas, comezando por Infantil e rematando en 6º.

O poemario resultante non só será exposto de maneira escrita, senón que para demostrar as cualidades dramáticas dos nosos pequenos/as farémosvos chegar a interpretación persoal destes poemas de creación propia.

Polo momento ata aquí podemos ler… Estade atentos ás nosas novidades para facervos eco da cantidade de arte que temos neste centro!

 

#MesdaPoesíaDíadoLibroDíadasLetrasGalegas… suma e segue!!

 

A concursaaaar!!!

“Falamos da nosa historia”

    Como sabemos que sodes moi participativos, deixámosvos as bases dun novo concurso literario organizado polo CEIP Antonio López Ferreiro de Santiago de Compostela. O lema desta XII edición é: Se vas a San Benitiño, non vaias ao de Paredes… Se estades interesados/as en participar, lembrade que o prazo de entrega dos traballos ampliouse ata o 31 de marzo.

Moite a sorte!!

Botádelle unha ollada ao tríptico: Diptico_Falemos da nosa Historia_2015_ver 1

ENDLG

 

Recuncho-museo Manuel María

11219653_1035379146494277_8419155751398047596_n manuel

Quedan pouco máis de dous meses para conmemorar o Día das Letras Galegas. Para ir “arrancando motores” deixámosvos un enlace  onde atoparás unha morea de información sobre o autor homenaxeado este ano, Manuel María.

Dende aquí coidamos que a súa voz non se apague.

#LG2016ManuelMaría

CONCURSO EN MARCHA!!!!

 

O venres 12 de abril, ás 17:00 en radio voz, no dial 88.8 ou 107.5… emitiuse

ECOVOZ!!!!!

 

CEIP Santa Baia (BOIRO) Vs La Merced (LUGO)

Que colexio se clasificará para a seguinte ronda???????

Aquí o podes escoitar!!!

20160301_122817