{"id":3144,"date":"2017-01-25T11:38:15","date_gmt":"2017-01-25T11:38:15","guid":{"rendered":"http:\/\/santabaia.es\/?p=3144"},"modified":"2017-02-01T08:21:44","modified_gmt":"2017-02-01T08:21:44","slug":"jose-luis-gallego-imparte-en-santiago-de-compostela-unha-charla-divulgativa-sobre-consumo-responsable-e-reciclaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/santabaia.es\/?p=3144","title":{"rendered":"JOS\u00c9 LU\u00cdS GALLEGO IMPARTE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UNHA CHARLA DIVULGATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E RECICLAXE"},"content":{"rendered":"<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, ter\u00e1 lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, \u00e1s 12:00 horas, no Sal\u00f3n de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (\u00c1rea Central).<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li>Dirixida a todo tipo de p\u00fablico, constit\u00fae unha excelente oportunidade para tomar boa nota das pr\u00e1cticas a instaurar na nosa vida coti\u00e1 para consumir dunha forma m\u00e1is sensata, racional e coherente, tanto a nivel medioambiental como econ\u00f3mico.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li>A xornada er\u00edxese, ademais, nunha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educaci\u00f3n ambiental instaurados nos centros escolares que te\u00f1en apostado de forma decidida por contribu\u00edr \u00e1 protecci\u00f3n do contorno e \u00e1 mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeraci\u00f3ns futuras.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li>Cunha longa traxectoria no \u00e1mbito da divulgaci\u00f3n ambiental, Gallego foi considerado como unha das dez personalidades m\u00e1is influ\u00edntes de Espa\u00f1a en temas de medio ambiente polo diario \u201cLa Vanguardia\u201d.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Invitado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, o c\u00e9lebre\u00a0 naturalista e comunicador ambiental Jos\u00e9 Lu\u00eds Gallego, impartir\u00e1\u00a0 \u00e1s 12:00 horas do pr\u00f3ximo luns, 30 de xaneiro, no Sal\u00f3n de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (\u00c1rea Central), en Santiago de Compostela, unha charla divulgativa que, baixo o t\u00edtulo <em>\u201cOs residuos non son lixo, por qu\u00e9 \u00e9 importante reciclar<\/em>\u201d, dirixir\u00e1 a todo tipo de p\u00fablico co fin de fomentar as boas pr\u00e1cticas no consumo responsable.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Con tal fin, Gallego proporcionar\u00e1 as claves que deben rexer unha compra responsable, racional, sensata e coherente desde a dimensi\u00f3n ambiental e econ\u00f3mica, que te\u00f1a por obxecto producir menos lixo, \u00e1 vez que insistir\u00e1 na necesidade de po\u00f1er en pr\u00e1ctica o principio dos tres erres como cimento fundamental de todo sistema de xesti\u00f3n de residuos: reducir a produci\u00f3n dos mesmos; reutilizar ao m\u00e1ximo os produtos para alongar a s\u00faa vida \u00fatil; e separalos por tipolox\u00edas unha vez convertidos en refugallos, depositando cada fracci\u00f3n no contedor correspondente: amarelo, para latas, briks e envases de pl\u00e1stico; azul, para envases de cart\u00f3n e papel; igl\u00fa verde, para envases de vidro; recipiente espec\u00edfico para pilas; e contedor verde convencional, para fracci\u00f3n resto.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Facer unha lista da compra, incorporando \u00e1 mesma o realmente necesario, diferenciar claramente data de caducidade de consumo preferente, levar\u00a0 a nosa propia bolsa ao supermercado, priorizar a adquisici\u00f3n de artigos a granel, rexeitar os sobreembalados e optar por aqueles que se comercializan en envases reutilizables, constit\u00faen, entre outros, alg\u00fans xestos que poden axudar en gran medida a diminu\u00edr a xeraci\u00f3n de lixo, tendo en conta de que o mellor residuo \u00e9 o que non se produce.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A xornada, que se aventura amena, divertida, clarificadora, reflexiva e moi ilustrativa, constit\u00fae unha excelente oportunidade para enriquecer os programas de educaci\u00f3n ambiental instaurados nos centros escolares que te\u00f1en apostado de forma decidida por contribu\u00edr \u00e1 protecci\u00f3n do contorno e \u00e1 mellora do benestar e calidade de vida das actuais e xeraci\u00f3ns futuras.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><u>TODA UNHA AUTORIDADE EN MEDIO AMBIENTE<\/u><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Considerado como unha das dez personalidades m\u00e1is influ\u00edntes de Espa\u00f1a en temas de medio ambiente polo diario \u201cLa Vanguardia\u201d, Jos\u00e9 Lu\u00eds Gallego foi distinguido en numerosas ocasi\u00f3ns con diversos reco\u00f1ecementos e premios.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Activo colaborador dos principais medios de comunicaci\u00f3n do noso pa\u00eds, o seu labor c\u00e9ntrase en promover a participaci\u00f3n dos cidad\u00e1ns no coidado e mellora do medio ambiente. Ten publicado m\u00e1is de 20 libros de divulgaci\u00f3n ambiental coas principais editoriais a nivel nacional, e \u00e9 director, presentador e guionista de documentais e series de natureza e medio ambiente. A s\u00faa presenza en radio tam\u00e9n \u00e9 destacable, sector no que leva 25 anos, podendo escoitalo actualmente\u00a0 todos os venres no programa \u201cJulia en la Onda\u201d, que dirixe e presenta Julia Otero en Onda Cero.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A d\u00eda de hoxe tam\u00e9n desempe\u00f1a unha gran actividade como blogger en diversos medios dixitais e p\u00e1xinas web, podendo ler cada semana as s\u00faas reflexi\u00f3ns persoais sobre a situaci\u00f3n do medio ambiente no blog Ecogallego.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En definitiva, toda unha autoridade no \u00e1mbito medioambiental que paga a pena escoitar para descubrir todo o potencial humano que cabe na preservaci\u00f3n do contorno, a xesti\u00f3n sostible dos residuos e a loita contra o cambio clim\u00e1tico.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Pr\u00e9gase confirmaci\u00f3n de asistencia a trav\u00e9s do presente correo electr\u00f3nico ou ben chamando ao tel\u00e9fono 881 999 075.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Patricia Fern\u00e1ndez L\u00f3pez<\/p>\n<p>Directora T\u00e9cnica da Escola Galega de Consumo<\/p>\n<ol>\n<li>Gonzalo Torrente Ballester, 1-5 baixo<\/li>\n<\/ol>\n<p>15707- Santiago de Compostela<\/p>\n<p>Tf.: 881 999 091<\/p>\n<p>patricia.fernandez.lopez@xunta.es<\/p>\n<p>S\u00edguenos en facebook: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/escolagelgaconsumo\">https:\/\/www.facebook.com\/escolagelgaconsumo<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00a0 Organizada e promovida polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, ter\u00e1 lugar o vindeiro luns, 30 de xaneiro, \u00e1s 12:00 horas, no Sal\u00f3n de Graos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (\u00c1rea Central). &nbsp; Dirixida a todo tipo de p\u00fablico, constit\u00fae unha excelente oportunidade para tomar boa nota das pr\u00e1cticas a instaurar<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":3145,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51,43],"tags":[],"class_list":["post-3144","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-foroecoboiro","category-horto-escolar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3144","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3144"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3144\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/3145"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3144"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3144"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3144"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}