{"id":3120,"date":"2016-11-22T16:51:18","date_gmt":"2016-11-22T16:51:18","guid":{"rendered":"http:\/\/santabaia.es\/?p=3120"},"modified":"2016-11-24T11:39:20","modified_gmt":"2016-11-24T11:39:20","slug":"foro-ecoloxico-de-boiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/santabaia.es\/?p=3120","title":{"rendered":"FORO ECOL\u00d3XICO DE BOIRO"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe en d\u00eda, nun mundo cada vez m\u00e1is globalizado, nacen por diversos currunchos iniciativas de colaboraci\u00f3n cidad\u00e1, xa ben en forma de asociaci\u00f3ns m\u00e1is ou menos formais, xa ben en forma de actividades puntuais.<\/p>\n<p>O foro ecol\u00f3xico de Boiro naceu dos encontros entre persoas que se co\u00f1ec\u00edan e que compart\u00edan uns intereses com\u00fans: alimentarse de xeito m\u00e1is natural, equilibrado e sempre que fose posible con autoproduci\u00f3n ou produci\u00f3n local; aprender ou recobrar de quen o fac\u00eda hai anos como cultivar as terras con respecto e seguindo os ciclos da propia natureza, sen forzala ou acelerala con produtos qu\u00edmicos; aprender a facer cousas para n\u00f3s e por n\u00f3s mesmas e rexeitar o consumismo desaforado que nos domina. Son estas, e moitas outras arelas, as que serven de alicerces para o proxecto, un cami\u00f1o lento e de longo percorrido que iniciamos. Ese grupo de persoas, diferentes en moitos aspectos e iguais noutros tantos, falou, intercambio ideas e propostas e decid\u00edu que o mellor xeito de facelo era fundar unha asociaci\u00f3n. As\u00ed naceu unha nova entidade sen \u00e1nimo de lucro no concello de Boiro e na comarca da Barbanza, na que quen queira participar, a\u00ednda que sexa po\u00f1endo un gran de area, \u00e9 benvido.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/foroecoboiro\/\">https:\/\/www.facebook.com\/foroecoboiro\/<\/a><\/p>\n<p>A nosa actividade ramif\u00edcase, de momento, nos seguintes aspectos: grupo de consumo, feiras, formaci\u00f3n e actividades de (re)co\u00f1ecemento da contorna e dos seus recursos.<\/p>\n<p>Todos eles est\u00e1n enfocados a conseguir que as persoas se impliquen na conservaci\u00f3n, valorizaci\u00f3n e mellora do mundo no que vivimos. Todo isto desde o respecto \u00e1s persoas, ao medio urbano e rural, aos co\u00f1ecementos e saberes de hoxe e de onte. A nosa maior ansia \u00e9 que cada individuo, que por si mesmo pode non ter forza nin capacidade de mudar a sociedade, se xunte cos seus veci\u00f1os, coas persoas coas que comparte espazo e tempo vital e traballe d\u00eda a d\u00eda, paso a paso, por vivir mellor e de xeito m\u00e1is xusto e respectuoso con todo o que o rodea. A tardanza en ver os froitos desta colleita pode desanimar a moitos, pero os cambios levan tempo para que, igual que unha semente, collan forza e medren ata dar os seus froitos.<\/p>\n<p>Esperamos que desde as xeraci\u00f3ns m\u00e1is vellas, depositarias de tantos saberes que non deben perderse, ata as m\u00e1is novas, que son coma as leiras que debemos coidar con agarimo e encher de sementes que frutificar\u00e1n, vaian deixando un pouso neste cami\u00f1o e que dure moitos anos. E tam\u00e9n saber compartir este traxecto con outras asociaci\u00f3ns, entidades e empresas que te\u00f1an obxectivos compartidos e que poidan achegar a s\u00faa experiencia, recursos e ideas para complementar e mellorar\u00a0 esta iniciativa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe en d\u00eda, nun mundo cada vez m\u00e1is globalizado, nacen por diversos currunchos iniciativas de colaboraci\u00f3n cidad\u00e1, xa ben en forma de asociaci\u00f3ns m\u00e1is ou menos formais, xa ben en forma de actividades puntuais. O foro ecol\u00f3xico de Boiro naceu dos encontros entre persoas que se co\u00f1ec\u00edan e que compart\u00edan uns intereses com\u00fans: alimentarse de<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":3131,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[54],"tags":[],"class_list":["post-3120","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-asociacions"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3120","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=3120"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/3120\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/3131"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=3120"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=3120"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=3120"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}