{"id":10219,"date":"2023-12-04T11:30:17","date_gmt":"2023-12-04T10:30:17","guid":{"rendered":"https:\/\/santabaia.es\/?p=10219"},"modified":"2024-02-07T14:17:05","modified_gmt":"2024-02-07T13:17:05","slug":"cop28","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/santabaia.es\/?p=10219","title":{"rendered":"COP28"},"content":{"rendered":"\n
Queremos feitos, non palabras vac\u00edas.
O estudantado galego levant\u00e1monos e manifestamonos para esixir unha vida digna e sostible. Esiximos a todos os gobernos que cumpran co seu deber de protexer a vida e o futuro de todas as persoas. Esiximos unha resposta contundente contra a crise clim\u00e1tica actual, a trav\u00e9s dunha transformaci\u00f3n sen precedentes que nos po\u00f1a no centro \u00e1s persoas, a ciencia, a sa\u00fade, a reduci\u00f3n das desigualdades e a xustiza
clim\u00e1tica.
O ano 2023 converteuse no ano m\u00e1is caloroso da historia da humanidade, tras o 2022 con r\u00e9cords sen precedentes, os efectos do cambio clim\u00e1tico xa impactan de forma desastrosa en mill\u00f3ns de persoas en todo o planeta.
As olas de calor, as secas extremas, as choivas torrenciais, os incendios forestais\u2026 est\u00e1n a causar miles de v\u00edtimas mortais. Numerosas perdas e danos que se dan especialmente nas mulleres, colectivos e pa\u00edses m\u00e1is vulnerables, cuxa responsabilidade hist\u00f3rica ante a emerxencia clim\u00e1tica \u00e9 moi pequena ou
inexistente.
Isto non \u00e9 xusto. Non \u00e9 xusto.
Non \u00e9 xusto que mentres as poderosas empresas tanto nacionais como internacionais obte\u00f1en miles de mill\u00f3ns de euros a nosa conta aumenten os efectos da crise clim\u00e1tica e as desigualdades.
Esiximos:
\u25cf Coidar a auga como o ben p\u00fablico escaso que \u00e9. Conforme a sequ\u00eda aumenta, debemos apostar por unha adecuada xesti\u00f3n e tratamento da auga urbana, e agr\u00edcola. Esiximos combater o exceso de regad\u00edos e pozos ilegais, defender ecosistemas clave como o de Do\u00f1ana, e evitar as infraestruturas que a malgasten asegurando que toda a poboaci\u00f3n estea abastecida.
\u25cf Po\u00f1er como eixe clave na loita contra a crise clim\u00e1tica o coidado da nosa sa\u00fade,seguindo a estratexia One Health da OMS. Centrarse en disminuir a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica que cada ano mata a m\u00e1is de 44.000 persoas s\u00f3 en Espa\u00f1a, e apostar por unha sanidade p\u00fablica de calidade.
\u25cf Reforzar o transporte p\u00fablico, impulsar as zonas de baixas emisi\u00f3ns e un modelo ferroviario que vertebre o territorio e enfr\u00ede o planeta.
\u25cf Promover un sistema de reduci\u00f3n, reutilizaci\u00f3n e reciclaxe dos residuos, e elaborar un plan de peche progresivo das incineradoras, moi contaminantes e casualmente colocadas preto dos barrios m\u00e1is populares.
\u25cf Aposta clara pola xustiza clim\u00e1tica. Debemos loitar polos dereitos de mill\u00f3ns de persoas que se viron na obriga de abandonar os seus fogares ao redor do mundo,e destinar fondor internacionais que subsanen as perdas e os danos dos pa\u00edses de comunidades vulnerables, sen agravar as d\u00e9bedas dos pa\u00edses
do sur. Espa\u00f1a non cumpre con estes compromisos de financiamento.
\u25cf Que os gobernos combatan o poder dos lobbies econ\u00f3micos que se enriquecen a trav\u00e9s da crise clim\u00e1tica. Acabar coa pobreza enerx\u00e9tica e parar as infraestruturas contaminantes que profundan no problema.
\u25cf Adaptarnos \u00e1 crise clim\u00e1tica creando cidades resilientes e habitables, en lugar de illas de calor e asfalto onde as poucas zonas verdes existentes son deforestadas en pos de proxectos urban\u00edsticos propios doutro s\u00e9culo. Esta \u00e9 xa unha esixencia dos nosos compromisos internacionais e do acordo de
Par\u00eds, para os cales Espa\u00f1a non debe quedar atr\u00e1s.
\u25cf Queremos recibir unha educaci\u00f3n medioambiental sobre os efectos da crise clim\u00e1tica porque \u00e9 algo que nos afecta e nos importa. <\/p>\n\n\n\n
Por todo iso, no marco do chamamento internacional mobiliz\u00e1monos como persoas afectadas e en solidariedade cos pa\u00edses do Sur global m\u00e1is impactados pola crise clim\u00e1tica.
Mentres os gobernos mundiais re\u00fanense en Dubai na COP28, a xuventude e outros colectivos un\u00edmonos nesta mobilizaci\u00f3n porque nos preocupa a falta de ambici\u00f3n e as malas pr\u00e1cticas dos diferentes gobernos e a cobiza das grandes empresas e a industria f\u00f3sil.
Reclamamos o respecto aos dereitos de liberdade de expresi\u00f3n e reuni\u00f3n, na COP28 e en todo o mundo, as\u00ed como a liberaci\u00f3n das persoas presas en EAU por exercelos. Esiximos que se inicien de forma  inmediata os cambios necesarios para afrontar a crise clim\u00e1tica nas pol\u00edticas enerx\u00e9ticas, urbanas, agrarias, sociais e econ\u00f3micas que protexan \u00e1s persoas, especialmente \u00e1s mulleres, e ao planeta
fronte \u00e1s m\u00faltiples agresi\u00f3ns que nos deixan cada vez m\u00e1is expostas ante \u201cas portas do inferno clim\u00e1tico\u201d, en palabras do Secretario Xeral de Naci\u00f3ns Unidas.
En s\u00edntese, esiximos e rogamos hoxe d\u00eda 5 de decembro do ano 2023 e sempre que se nos escoite. Pedimos e reclamamos aos gobernos que escoiten as voces de rapaces e rapazas que se mostran desasosegados ante a alarmante situaci\u00f3n do noso planeta. Non nos ides parar, non nos ides calar, estades po\u00f1endo en risco o noso presente e o noso futuro. Porque como dixo Greta Thunberg os adultos non sodes o suficientemente maduros para decir as cousas como son, incluso esa carga nola ides deixar a n\u00f3s, os nenos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Queremos feitos, non palabras vac\u00edas.O estudantado galego levant\u00e1monos e manifestamonos para esixir unha vida digna e sostible. Esiximos a todos os gobernos que cumpran co seu deber de protexer a vida e o futuro de todas as persoas. Esiximos unha resposta contundente contra a crise clim\u00e1tica actual, a trav\u00e9s dunha transformaci\u00f3n sen precedentes que nos<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":10220,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[105,5,92],"tags":[],"class_list":["post-10219","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-outras","category-infantil","category-primaria"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10219","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=10219"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10219\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10224,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/10219\/revisions\/10224"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/10220"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=10219"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=10219"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/santabaia.es\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=10219"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}