Iniciando actividades
Informamos de actividades que nos chegan ao centro e poden ser do seu interese.


EMB info difusión:
Boas a tod@s, queríamos recordar que estaremos para calquer consulta, a partires do 16 deste mes en horario de oficina os luns, mércores e venres de 10 a 13:30h🙂.
O curso comezará o martes 1 de outubro.

Nota informativa, Anpa Torre de Goians
Prezadas familias:
Como ben sabedes, o noso centro está adscrito ao instituto da Cachada. Por este motivo a maior parte do noso alumnado realiza os seus estudos de Secundaria no devandito centro.
A nosa ANPA está moi preocupada pola situación actual na Cachada. Como sabedes, é un centro con moita matrícula, que conta con preto de 400 alumnos/as. No seu momento chegaron a contar con tres profesores de apoio para atender ao alumnado con necesidades educativas, pero nos últimos anos estes apoios fóronse reducindo. O curso pasado só contaron cunha mestra de apoio (PT) a tempo completo máis outro mestre de apoio que era compartido e ía ao centro só cinco horas. Este curso a situación non vai ser mellor. Cada ano increméntase o número de alumnado que presenta algún tipo de necesidade (autismo, TDAH, problemas de conduta…) pero os apoios sempre minguan. Na actualidade a previsión é que o instituto vai ter que atender a 102 rapaces e rapazas con algún tipo de dificultade, pero non vai contar cos apoios suficientes.
Este tema aféctanos directamente. Este curso é o alumnado que estaba en 6º e pasa para 1º da ESO o que se ve afectado, pero se non o paramos, serán o resto de alumnos e alumnas do noso centro os que vivan esta situación. E non só se verán afectados aqueles que presentan necesidades. No instituto o profesorado completa o seu horario atendendo ao alumnado nas aulas. Este curso van ter que centrarse só naqueles rapaces e rapazas que teñen maiores dificultades, sen tempo para atender ao outro alumnado. Ademais, non contan coa preparación que ten un profesor de apoio, que son especialistas en Pedagoxía Terapéutica, para atender ás súas necesidades.
Por este motivo, vaise facer unha protesta colectiva entre o instituto da Cachada e os seus 4 centros adscritos (Santa Baia, Cespón, Abanqueiro e Cabo de Cruz) o vindeiro día 11 de setembro, que é o primeiro día de clase. A idea é que á entrada no centro se faga unha breve concentración. Para identificar á xente que desexa participar e en sinal de loito pola educación pública, inclusiva e de calidade, imos levar a parte superior (xersei, camiseta…) de cor negra. A idea é que os adultos vos manifestedes diante do centro, acompañados ou non polos vosos fillos/as.
Esperamos que vos animedes a participar nesta protesta, xa que afecta directamente ao futuro dos nosos fillos e fillas.

Anpa Torre de Goiáns en apoio ao IES A Cachada
Prezadas familias desde a Anpa do noso centro apoiamos a concentración convocada pola ANPA A CACHADA.
Mañá, 18 de setembro ás 8:40h, está convocada unha concentración diante do colexio debido aos insuficientes apoios educativos que vai ter o alumnado do IES A CACHADA de cara no presente curso escolar. Animámosvos a participar na defensa dos dereitos do alumnado para lograr unha educación realmente inclusiva.
A dirección da Anpa Torre de Goiáns

CONTRATOS PROGRAMA 23/24
Se premes nos enlaces terás máis información.
INNOVA
- Comando verde. Equipos por nivel para a xestión, concienciación e sensibilización durante o tempo de lecer no patio dos distintos residuos xerados.

- Xornadas sen CO2. Obxectivo… CES (Camiño Escolar Seguro). Explicación proxecto.

- Posta en marcha como recurso educativo do horto escolar.
Vídeo, podcast, libro, diario, compost…

CPInclúe
CONVIVE-T
Actividades asistidas con animais para fomentar a estimulación temperá e a favorecer a convivencia escolar.

INCLUE-T
– Patios dinámicos 1; xogos dirixidos por docentes no tempo de lecer para favorecer a inclusión e socialización de todo alumnado.

– Patios dinámicos 2; xogos dirixidos por docentes a 3 grupos con alumnado diana.

– Espazos inclusivos de lecer; estacións instaladas no patio de xogos do alumnado para atender mellor á diversidade favorecendo a elección de puntos de interese.
EMOCIONA-T
As actividades relacionadas foron organizadas por distintos departamentos e traballados con dinámicas de grupos e «rol playing»
Proxecto enClave:
– 5º e 6º de primaria: relacións sás, «antibullyn», empatía, resolución de conflitos e responsabilidade afectiva.

– 4º de primaria: obradoiro de emocións.

Departamento de orientación
– 6º primaria: Camiño á adolescencia; persoal sanitario do centro de saúde do concello explican como cambios físicos, sociais e emocionais.

– 6º primaria: Viaxe socioemocional na educación primaria.

– 5º primaria: Aprendizaxe cooperativo e empatía.

Proceso de formalización de matrícula 2024/2025
Do día 20 ao 30 de xuño iniciamos o proceso de formalización de matrícula.
Lembramos que as matrículas do alumnado que está a cursar estudos neste centro realizaranse de forma automática.
Para a formalización de matrícula do novo alumnado de Educación Infantil debe presentar os seguintes documentos:
- Impreso de formalización da matrícula (Anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.
- Dúas fotos de tamaño carné.
- Tarxeta sanitaria.
- En caso de separación, xuntar documentación xudicial.
- En caso de alerxias ou enfermidades graves, achegar documentación médica.
- Autorizacións:
- Cuestionario de lingua materna.
- Solicitude do uso do transporte escolar dependente da Xunta.
Para o alumnado de Educación Primaria de novo ingreso será necesaria a seguinte documentación:
- Impreso de formalización da matrícula (Anexo III). Poderá cumprimentarse na aplicación admisión alumnado ou de forma manual.
- Tarxeta sanitaria.
- En caso de separación, xuntar documentación xudicial.
- En caso de alerxias ou enfermidades graves, achegar documentación médica.
- Autorizacións:
- Solicitude do uso do transporte escolar dependente da Xunta.
Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.
Boas familias! Hoxe gustaríame compartir un video onde se recolle moi ben visualmente o TDAH e os seus tipos de clasificación. Coma familias e coma docentes é moi importante observar certas sinais que poden indicar a presenza do mesmo. Tamén , é moi necesario recordar que os TDAH subtipo Inatento pasan moi desapercibidos e enmascarados presentándose coma un alumnado tranquil@, con boas calificacións pero que con os anos poden comorbilizar con outros trastornos debido a non intervención axeitada e temprana.
Ante a sospeita ou dúbida de un posible TDAH, o máis recomendable é acudir ao pediatra , neuropediatra , psiquiatra infantil ou entidades con personal especializado, pois son eles os que únicamente poden facer un diagnóstico axeitado. O diagnótico é exclusivamente clínico e por tanto é un médico o que fai o mesmo , ainda que moitas veces pode estar apoiado por psicólogos, psicopedagogos, departamentos de orientación ou educadores que axudan a ter unha visión máis global do trastorno.
Aquí vos comparto o contacto da Fundación referente de TDAH de Galicia para consultar posibles dúbidas ou aspectos relacionados co mesmo. Instituto Galego de TDAH e trastornos asociados. https://www.fundacioningada.net/ . Moitos saúdos Maru



























































