Proceso de admisión de alumnado 2023/2024

Orde reguladora

A admisión para o curso 2023/24 comezará o 15 de xaneiro e será «preferiblemente» telemática.

O procedemento terá un primeiro prazo de reserva de praza do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro para os/as estudantes que rematen etapa e se vaian a matricular no centro adscrito. No noso caso IES A CACHADA.
Todos os demais que cambien de centro ou inicien a súa escolaridade, terán que facer a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.  A listaxe provisional de admitidos publicarase antes do 25 de abril  (haberá 5 días hábiles para reclamacións).

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Unha vez admitidos haberá que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.