Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Poden consultar os listados no portal (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) coa chave 365 ou de forma presencial na Secretaría do Centro.

Os vales repartiranse entre o 4 e o 15 de xullo (de 10:00 a 13:00 horas) ou en setembro.

Os libros repartiranse os primeiros días de setembro.

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)  (DOG do 18 maio de 2022)

DESTINATARIOS:

  • Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º e 5º de Educación Primaria (6º curso continúa no proxecto eDixgal)
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º de EP
  • Axudas para adquirir material escolar: alumando matriculado en EP

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Abrangue dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.

DOCUMENTACIÓN

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

 -Listaxes provisionais: 27 de xuño

– Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)

– Listaxes definitivas: 1 de xullo

ENTREGA DE VALES: entre o 1 e o 15 de xullo ou a partir do 1 de setembro

ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro

One Response to Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

  1. Carlos Suárez dice:

    Esta noticia ten data do 18/05/2022 pero a información corresponde ao curso pasado: actualícena, por favor.
    Tamén quixera que me confirmasen se os alumnos de 5º e 6º de primaria seguen participando no proxecto eDixgal.
    Grazas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.