FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022 (código ED330B).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • DO 21 DE MAIO AO 22 DEXUÑO(ambos incluídos)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

ANEXOS I E II:

COPIA DO LIBRO DE FAMILIA onde figuren tódolos membros computables.

SON MEMBROS COMPUTABLES (artigo 4 da orde):

Os proxenitores separados ou divorciados con custodia compartida, forman unha unidade familiar cos fillos

que teñen teñan en común.

A persoa que, por novo matrimonio ou unión de feito resida no domicilio familiar, agás nos casos de custodia

Compartida.

Cando non existe vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, nai e tódolos descendentes que convivan con eles.

NON TEN CONSIDERACIÓN DE MEMBRO COMPUTABLE:

O proxenitor que non conviva co alumnado, agás no caso de custodia compartida.

O agresor nos casos de violencia de xénero

RENDA PER CÁPITA DO EXERCICIO 2019

É o resultado de sumas as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

Súmase a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460)

Cando non se presente renda, teranse en conta os ingresos cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES

– Listaxes provisionais:  7 de xullo de 2021

– Listaxe definitiva: 13 xullo de 2021

ENTREGA DE VALES:

– Xullo: martes 20 e xoves 22 de xullo de 10:00 a 13:00 horas.

– Setembro: do 1 ao 15 de 8:45 a 13:45h.

ENTREGA DE LIBROS: do 1 ao 15 de setembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *