Coronavirus

INFORMACIÓN RELATIVA AO CORONAVIRUS

PROCESO DE ADMISIÓN: Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Estimadas familias, adóptase a medida extraordinaria de suspender as actividades lectivas:

– Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

-Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

-Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

Aquí teñen o enlace da información actualizada do sergas: https://coronavirus.sergas.es/

A dirección

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *