Reserva de praza nos IES

Estimadas familias:

O alumnado de 6º curso de Educación Primaria que vaia a continuar estudos no centro de adscrición (IES A Cachada) deberán entregar a solicitude de reserva do 1 ao 15 de febreiro de 2019 no centro educativo de orixe (ao seu titor/a do Ceip Santa Baia) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

Pode cumprimentar a solicitude de reserva a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisiónalumnado/ no menú: Solicitudes de reserva – Crear solicitude de reserva. (Tamén a poden descargar aquí)

O alumnado que non vaia a ir ao IES A Cachada, debe entregar a solicitude no IES no que se queira matricular, e deixar na secretaría do CEIP Santa Baia unha copia.

Saúdos, a Dirección.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *