Pequefilmes2019 Cidade da Cultura

O mellor cine miúdo volve ao Gaiás na terceira edición de Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

Durante os días 26 e 27 de xaneiro de 2019, o Museo Centro Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para a cativada, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Clermont-Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest…).

  • 3 seccións que abarcan todas as etapas da infancia: Vagalumes (dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos), Miñocas (+3 anos) e Fanecas (+7 anos).
  • Máis de 150 proxeccións de curtas procedentes de 30 países.
  • 20 sesións: 14 de concurso (Fanecas e Miñocas) e 6 fóra de concurso (Vagalumes, Festival Clermont-Ferrand)

Toda a información clicando no seguinte enlace:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/pequefilmes-2019

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *