CONSELLOS PARA UN NADAL MÁIS ECOLÓXICO

http://www.sogama.gal/gl/info/consellos-sogama-para-un-nadal-verde

http://www.sogama.gal/sites/default/files/nadal_verde_sogama.pdf

“Vive o teu Nadal en Verde”.

Así reza o manual de boas prácticas que Sogama lanza co fin de dar a coñecer algúns dos consellos ecolóxicos a poñer en práctica nestas festas para gozalas dunha forma máis sostible e cun menor impacto sobre a contorna. Época de múltiples celebracións, encontros, compras, agasallos e desprazamentos, o Nadal deixa unha negativa pegada ambiental que é posible reducir actuando cun mínimo de responsabilidade e levando á práctica pequenos xestos. Consumir con mesura, regalar con prudencia, planificar os menús, revisar a neveira e a despensa, evitar o desperdicio alimentario e colaborar no sistema de recollida selectiva representan algúns dos comportamentos que posibilitarán a menor xeración de refugallos. A iluminación e a calefacción, medida e controlada, e a preferencia polo transporte público e sostible, complementarán estas boas accións en favor dun verdadeiro EcoNadal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *