Propostas de cursos para escola de nais e pais

Ínstase a que propoñades temáticas, para a celebración de cursos para escola de nais e pais, antes do 5 de outubro.

Axuntamos a información na ANPA sobre as axudas recibidas:

Estimado/a Director/a:

A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar liñas de colaboración entre profesorado e familias de alumnado ao abeiro coa Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, que dá instrucións para o apoio á creación e funcionamento das escolas de nais e pais.

Como asesora do teu centro, procedo a pedirche a túa colaboración para tratar de planificar as necesidades formativas no ámbito da Escola de Nais e Pais (ENAPA) ou ANPA do centro que dirixes. Esta sondaxe iría dirixida ás familias e sería externa á que formará parte do voso Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).

Trataríase de que contactases coa ANPA para recoller a seguinte información:

1. Temática/s de interese na ANPA.

2. Nº de horas de formación ás que estarían dispostas a acudir as familias.

3. Posibles datas dentro deste primeiro trimestre.

4. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

5. Estimación de nais e pais que acudirían á devandita formación.

Todo isto forma parte dun plan da Consellería para potenciar a formación de Escolas de Nais e Pais (ENAPA), actividades que sería a custo cero para o voso centro educativo, xa que se organizan desde o CAFI.

A fin de poder organizar estas formacións para o 1º trimestre, necesitaría ter unha resposta da ANPA con data límite o 15 de outubro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *