EDUCANDO CON MAXIA

https://www.afundacion.org/ga/agenda/evento/presentacion-programa-educativo

Queremos compartir contigo que continuamos co ciclo de conferencias Educación s. XXI coa participación de profesionais de prestixio. Unha firme aposta pola difusión de modelos formativos diversos e de estratexias en consonancia cos retos e as realidades sociais actuais.

O xoves 13 de setembro, ás 20.00 h, no Auditorio ABANCA de Compostela (Preguntoiro, 23) terá lugar a conferencia «Educando con Maxia» impartida por Xuxo Ruiz, finalista este 2018 no reputado Global Teacher Prize.

A través de amenas explicacións, divertidamente máxicas, calquera persoa interesada no mundo da educación poderá tirar proveito desta curiosa conferencia chea de consellos e recursos útiles. Xuxo Ruiz amosará técnicas doadas de pór en práctica relacionadas co desenvolvemento do pensamento matemático, control de conduta, motivación para a aprendizaxe, aumento da autoestima, valores, etc. O seu segredo radica en aplicar o ilusionismo no ensino, e explica como facelo.

entrada será libre e gratuíta, previa inscrición. Esta actividade está dirixida a familias, profesorado e estudantado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *