CARREIRA POLA DIVERSIDADE

Como tódolos anos a Asociación AMBAR está a organizar a “Carreira pola diversidade” que este ano ten o lema de “Corramos xuntos por un mundo inclusivo”.

 

Para poder facer este lema realidade e visibilizar así o papel do deporte como ferramenta de inclusión,  necesitamos a colaboración de toda a poboación amiga. Por iso queremos convidalos a participar con nós o domingo 8 de Xullo, nesta proba que dará saída ás 11:00 da mañá na explanada de Coroso, en Riveira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *