Convocatoria de Reunión

Dende a directiva da ANPA queremos invitar a tódalas familias do alumnado que cursará 3º de primaria no  2018/2019 a participar na reunión que terá lugar o próximo luns día 13 de agosto ás 20:00 no Centro Social de Boiro para a reunión informativa sobre os libros de texto do próximo curso.

Finalmente a Consellería de Educación aprobou a incorporación do noso Centro ao proxecto de Educación Dixital (Edixgal) para o alumnado de quinto de primaria no curso 2018/2019.

Ao mesmo tempo, volveu a rexeitar a solicitude de renovación dos libros de texto de terceiro.

É por iso que dende a directiva da Anpa queremos convocar ás familias á reunión informativa que celebraremos o vindeiro luns día 13 de agosto de 20:00 a 21:00 horas no Centro Social.

Por favor, agradeceríamos aos asistentes puntualidade, xa que o Centro Social pecha ás 21:00h.

SAÚDOS, a directiva da Anpa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *