FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

 

Requisitos : 

  • Axudas para adquirir libros de texto, alumnado matriculado en: 1º e 2º E.P.
  • Fondo solidario de libros de texto, alumnado matriculado en : 3º,4º,5º e 6º E.P.
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de E.P.

 

Obriga das persoas beneficiarias:

Devolver os libros de texto e o material reutilizable  adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/2018.

 O prazo máximo para devolver os libros de texto será o 22 de xuño de 2018.

Presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será única para todos os fillos. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros(https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

  1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
  2. a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  3. b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Publicación de listaxes provisionais: 29 de xuño (prazo de reclamación nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional).

Publicación de listaxes definitivas: 6 de xullo.

Recollida de vales ata o 17 de xullo.

Entrega de libros do 1 ao 12 de setembro.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *