APRAZAMENTO DA MARCHA CICLISTA

II MARCHA CICLISTA ESCOLAR

 

Dende o departamento de Educación Viaria da Policía Local,  infórmaselle que debido a previsión de choiva para o vindeiro venres 13, decidiuse APRAZAR a II Marcha Ciclista para o VENRES 11 de MAIO, SEMPRE QUE AS CONDICIÓNS ATMOSFÉRICAS O PERMITAN.

 

Asemade recórdaselle, que tras reunión mantida coas empresas de autobuses encargadas do TRANSPORTE ESCOLAR,  dos diferentes centros escolares, estes finalmente AUTORIZAN A TRANSPORTAR A BICICLETA OU O MONOPATÍN, aos nenos usuarios do transporte escolar dende as propias paradas ata os colexios.

 

Os nenos NON traerán merenda ao colexio, xa que unha vez finalizada a marcha ciclista entregaráselle un bocadillo, unha froita, unha barriña enerxética e un botellín de auga. (Ao alumnado que ten algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria, entregaráselle outro tipo de merenda que será consensuada previamente cos seus proxenitores).

 

Tras varias peticións do alumnado, accedeuse a que os nenos e nenas de 4º que desexen participar en patinete en vez de facelo en bicicleta, poderán facelo de igual xeito.

 

Recórdaselle tamén que tanto as bicicletas como os patinetes deberán ter colocado de xeito visible o dorsal que se lle facilitou a cada participante no que figura o NOME, APELIDOS, CURSO E COLEXIO de cada alumn@.

 

QUEDAMOS A SÚA DISPOSICIÓN PARA CALQUER DÚBIDA QUE PUIDERA TER NO NÚMERO DE TELÉFONO: 981.848.484.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *