Proceso de admisión, curso 2018/2019

 

 

CEIP SANTA BAIA, BOIRO

prazas vacantes 2018-2019

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 2018/2019

  1. Reserva de praza ( Ies a Cachada) no centro de orixe do 1-15 de febreiro.(Para o alumnado de 6º)
  2. Publicación de listaxes, antes do 28 de febreiro.
  3. Publicación de postos escolares vacantes antes do 1 de marzo.
  4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo, ambos incluídos.(Novo alumnado)anexoII
  5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo : 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. resultado_sorteo_anual_letras_admision
  6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  7. Publicación das listaxes definitivas de persoa admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
  8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro.
  • ORDE 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan o segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • INSTRUCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2018-2019

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:

 Avda Constitución a ambos marxes,Avda. Compostela a ambos marxes, Calle Principal ata a Rotonda Cimadevila, Boiro de Arriba (non inclúe Espiñeira), marxe interior da estrada de Noia (Jofiño, Corrillo, Monte do Sino, Cruceiro de Bao, Cruceiro Fonteneixe).

Chegan os límites ata o Río Coroño (zoa Ponte Goiáns), Río Coroño (Ponte Peralto), Rotonda de Cimadevila e estrada de Noia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *