Casting para programa da TVG

Bos días,
estamos preparando un programa especial de Nadal para a Televisión de Galicia, “Pequenos fenómenos”, onde os protagonistas son nenos aos que lles gusta cantar.
Pasámosvos a información por se vos interesa difundila no centro.
Os requisitos para entrar no proceso de selección son: ter un máximo de 13 anos e enviar un par de vídeos do rapaz ou rapaza cantando a canción que queira (serve música moderna, tradicional, en galego, castelán, inglés…) sobre unha base musical. Serven vídeos de móbil.
O material, indicando nome do neno, idade e un número de contacto, pode enviarse a este enderezo electrónico: rocio.barrio@ctvmedia.es
Para máis información, poden chamar ao 981509202.
Moitas grazas pola atención.
Un saúdo,

CTV, s.a. – Rúa Tras da Estivada, 9 -11 | 15894 Teo (A Coruña) | Tfno +34 981 50 92 02 | Fax +34 981 81 90 17 | www.ctvmedia.es | info@ctvmedia.es

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *