Rosalía da man de Najla Shami

Hoxe tivemos a oportunidade de asistir ao espectáculo de Najla Shami na Cachada.

Esta artista cantounos  poemas de Rosalía dándolle un ton cálido ca súa increíble voz, acompañada de diversos instrumentos que nos trasladaron a diversas partes do mundo: kalimba, guitarras e incluso pandereitas tocadas por algunhas alumnas do cole, unhas artistazas! Sen esquecer a valentía dalgúns nenos á hora de acompañar este espectáculo bailando.

Todo xenial, xenial e xenial! A única pega a calidade das fotos… é unha mágoa, pero polo menos permítenos apreciar o bo rato que pasamos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *