Letras galegas
Adentrámonos no mes de maio, o noso mes, o mes dxs galegxs.
Como cada ano, celebramos que a nosa terra ten lingua propia e emprendemos unha viaxe que nos permite coñecer aqueles trazos culturais que nos caracterizan.
Este ano adícaselle a semana das letras galegas ao autor: Ricardo Carvalho Calero, un home que dende neno amosou a súa paixón pola literatura e que, a medida que foi medrando, foi creando os seus propios vieiros. Vieiros cos que chegar aos recantos do mundo enteiro.
Por este motivo, dende o CEIP Santa Baia, este ano queremos facer o noso propio vieiro. Un vieiro formado por todas aquelas verbas fermosas que o alumnado e as súas familias nos fixeron chegar… MOITAS GRACIAS!
Actividade letras galegas 2020
Prezadas familias:
De cara a celebración das Letras Galegas dende o EDLG propoñemos a seguinte
actividade conxunta: BAIAVIEIRO NO MAIO DE CARVALHO, para a que contamos coa
implicación de todos vós, alumnado e familias.
Tendo en conta as circunstancias especiais nas que nos atopamos e partindo do
título dunha obra do autor homenaxeado este ano pola RAG, «Vieiros»
de Ricardo Carvalho Calero, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do
colexio suxerimos crear un vieiro moi especial. Sería un mosaico de sentimentos
e emocións en positivo, de palabras bonitas que nos axuden a manter a esperanza
e sobrelevar esta situación de confinamento ocasionada pola pandemia, ata que
recuperemos a «normalidade».
Cada nena ou neno debe elixir unha palabra positiva, esperanzadora, unha
palabra bonita, de ánimo… (cadaquén ao seu nivel) que exprese un sentimento
ou unha emoción (pode cooperar a familia ) e plasmala nun papel de xeito
artístico e libre. Unha vez rematada a tarefa, faralle unha foto, na que posará
o autor ou autora do traballo xunto co adulto/a que lle axudou a realizala –se
for o caso e así o desexa-, procurando que a palabra elixida sexa ben visible.
Cada neno/a deberá enviar a foto ao seguinte enderezo de correo
electrónico: santabaiaceip@gmail.com, e indicar neste o curso,
grupo e etapa na que está escolarizado/a (por exemplo, 5º B de Infantil). O prazo límite para achegala será o 8 de maio
(incluído). Por cuestións organizativas, non se admitirán aquelas imaxes que
cheguen con posterioridade a esta data. Con todas as fotos faremos unha montaxe
na que participará todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe- para colgar
na web.
Con todas as fotos faremos unha montaxe na que participará
todo o alumnado do centro –do que dispoñamos de autorización de imaxe-
para colgar na web.
PD: Recoméndase ao alumnado que non se desfaga dese
traballo por se se lle puidera dar outra finalidade didáctica nun futuro.
Moitas grazas polo voso esforzo e recibide un cordial saúdo.
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega
4 anos – Pete the Cat
Para aprender unha nova prenda (shoes) poden ver este conto. A canción é moi pegadiza, así que poden escoitala as veces que queiran:
Logo poden facer estas actividades interactivas (abrir en Google Chrome): https://es.liveworksheets.com/ip362534pm
3 anos – I want to be a monkey
Para seguir repasando as partes do corpo poden ver esta historia: https://elt.oup.com/student/daisyrobinandme/level01/videos/unit03?cc=global&selLanguage=en
Logo poden facer unha actividade interactiva (abrir en Google Chrome): https://es.liveworksheets.com/td347454hn
E poden escoitar esta canción con numbers e monkeys:
Proposta de traballo do 5 ao 8 de maio.
Lembrade ir aos apartados de Música, Educación Física e Relixión para participar nas propostas dos mestres e mestras responsables destas áreas.
TAREFAS 3º,SEMANA 4 AO 8 DE MAIO
Empezamos novo mes, o dos «Maios» (mandámosvos un enlace para que os decubrades https://www.youtube.com/watch?v=UCZCm1q4Kwc) ,o das nosas letras galegas o do despertar á vida da natureza.
E agora tod@s, máis que nunca, empezamos a despertar. Por fin imos empezar xa a gozar con vós do pracer de pasear ao aire libre! Ánimo con esta nova semana, seguimos coa nosa particular conta atrás!!!!





















































