Daily Archives: 18 mayo, 2022
Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Poden consultar os listados no portal (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) coa chave 365 ou de forma presencial na Secretaría do Centro.
Os vales repartiranse entre o 4 e o 15 de xullo (de 10:00 a 13:00 horas) ou en setembro.
Os libros repartiranse os primeiros días de setembro.
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H) (DOG do 18 maio de 2022)
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º, 4º e 5º de Educación Primaria (6º curso continúa no proxecto eDixgal)
- Axudas para adquirir libros de texto: alumando de 1º e 2º de EP
- Axudas para adquirir material escolar: alumando matriculado en EP
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Abrangue dende o 19 de maio ao 22 de xuño de 2022, ambos incluídos.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente.
DOCUMENTACIÓN
- Anexo I
- Anexo II
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES
-Listaxes provisionais: 27 de xuño
– Reclamación ás listaxes provisionais: 28 e 29 de xuño (2 días posteriores á publicación)
– Listaxes definitivas: 1 de xullo
ENTREGA DE VALES: entre o 1 e o 15 de xullo ou a partir do 1 de setembro
ENTREGA DE LIBROS: a partir do 1 de setembro