Daily Archives: 15 noviembre, 2021

Distribución de máscaras para o alumnado

Achegamos instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 28 de outubro de 2021  pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia no día de hoxe.

Ao alumnado que recibiu a axuda para a adquisición de material escolar, farémoslle a entrega de máscaras para o uso no centro (non teñen que realizar ningunha xestión).

Aquelas familias que non se atopen nesta situación pero consideren que si cumpren os requisitos que recolle a orde reguladora, deben presentar na Secretaría do centro nun prazo de 10 días a solicitude correspondente (anexoI).

SAÚDOS