Daily Archives: 8 noviembre, 2021

Día de emisións 0

10 de novembro, día mundial da ciencia ao servizo da paz e o desenvolvemento.

Animámosvos a vir ao colexio sen utilizar transportes de combustión que aumenten o nivel de CO2 na atmosfera. Así colaboraremos coa reducción de gases de efecto invernadoiro que fan aumentar a temperatura terrestre e tanto danan o medio ambiente. Esta actividade tamén nos servirá como punto de partida para solicitar un camiño escolar seguro.

O aparcamento do Centro será ese día para uso único de bicicletas e patinetes.

Para os que vos animedes a vir en bici, podemos vir xuntos pola rúa peonil.

Sairemos desde o ximnasio Suh ás 8:30h e pasaremos sobre as 8:35h frente a librería Nóbel.