Daily Archives: 5 septiembre, 2019

CURSO 2019-20. 3º NIVEL (Primaria) MATERIAL DE AULA

Un estoxo, formato neceser amplo. – Un block de cartolinas de cores (non máis de 12). – Un block de papel charol. – Cinco libretas de pauta dobre , non estreita, (tamaño folio). Tipo PAPYRUS – Unha libreta cuadriculada tamaño folio ( tipo PAPYRUS) – Dous bolígrafos: 1azul ou negro e 1vermello. – Unha caixa de lapis de cores de madeira. – Unha caixa de 12 ceras brandas Manley. – Unha regra de 30 cm. – Un lapis do nº 2 (HB), unha goma e un afialapis (normal , sen engadidos que o poidan distraer no traballo). – Unha barra de pegamento Pritt stick. – Unha tesoira de punta redonda. – Un paquete de 100 folios DINA 4, de 80gr. – Un dicionario escolar de galego e outro de castelán, que teñan na súa casa .( Nunca mercalos pois son para compartir). – Unha carpeta con solapas . – Un arquivador de cartón , tamaño folio, de dous aneis.(Só os alumnos/as de 3ºA e 3ºC). – Unha carpeta de solapas clasificadora. (Só alumnos/as de 3ºB) – Unha axenda escolar pequena. – Frauta doce de plástico dunha soa peza. – Libreta de catro pentagramas (tamaño ½ folio) – LIBROS DE TEXTO (Ver listado publicado) O material debe estar na aula antes do 20 de setembro. Debe ter o nome para evitar perdas e/ou confusións. Hai materiais que poden aproveitar do curso pasado (se están en bo estado) e outros que terán que ir repoñendo ou mercando ao longo do curso. Un saúdo. As titoras

MATERIAL E LIBROS DO 2º NIVEL

-Libros de texto expostos no taboleiro do centro e na páxina web do colexio.

-1 libreta de dobre pauta estreita e outra de cadros (tamaño folio, tipo PAPYRUS, sen espiral).

-1 bloque de cartolinas de cores

-1 carpeta tamaño folio con gomas

-1 carpeta tamaño folio de plástico (tipo sobre)

-1 caixa de 24 ceras tipo Plastidecor

-1 caixa de 18 ou 24 lapis de cores de madeira

-1 caixa de 12 rotuladores

-1 regra de 30 cm

-1 bolígrafo azul e outro vermello

-1 taco grande de plastilina

-1 barra de pegamento grande

-1 lapis do nº 2,  unha goma, e un estoxo para gardar parte do seu material  (este ano será individual e cada neno/a farase responsable do seu uso debendo repoñelo  cando se acabe)

-1 caixa de panos de papel

NOTA: O alumnado de 2º A non debe mercar nin rotuladores, nin plastilina, nin pegamento, posto que este material quedoulles en bo estado do curso pasado.