Daily Archives: 19 febrero, 2019

Día portas abertas para familias de alumnado nacido no 2016

O martes 12 de marzo todas aquelas familias de alumnado que estén realizando a reserva de praza para o próximo curso en 4º de infantil (3 anos) e as novas matrículas para 1º, poden acompañarnos nunha pequena visita polo centro.

Ás 18:00h na aula de Usos Múltiples (edificio de primaria) realizará unha pequena presentación o director do centro e mestras do equipo de infantil que despois acompañaranos a coñecer as aulas e espazos do Centro.