Archivos día 29 octubre, 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A xunta electoral aprobou o calendario polo que se rixe este proceso no que está chamado a participar toda a comunidade educativa (excepto o alumnado, que o fará en secundaria). Hai que elixir a 2 nais/pais ou responsables de alumnos do Centro e a 3 mestres/as.

Convocatoria eleccións CE

7/11/2018: Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (recoller modelo na secretaría do Centro) e das posibles reclamacións ao censo.

16/11/2018, ata as 14:00 horas: Último día para a presentación de candidaturas.

20/11/2018, ás 16:30 horas: Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais e comezo das distintas campañas electorais.

27/11/2018: VOTACIÓNS. Mestres, claustro extraordinario ás 18:00h e pais/nais/titores legais de 16:00 a 19:00 horas.

28/11/2018: Publicación dos candidatos electos.

4/12/2018: Constitución do Consello Escolar.