Archivos día 4 abril, 2018

Taller: ROSQUILLAS E GALLETAS

Prezadas familias:

Dende a ANPA ofrecémosvos o  taller “ rosquillas e galletas”. No taller  as nenas/os acompañados dun familiar van disfrutar  amasando e elaborando os productos, guiados por Silvia e Paula. Con isto  os máis pequenas/os  aprenderán receitas novidosas. O taller vai ter unha duración aproximada de 2 horas, ao rematar degustaranse os postres elaborados. O curso terá un custe  por parella de 4€  socios, (non socios 6 euros.)

O taller vai realizarse o venres 13 de Abril de 18:00 a 20:00 horas, na Cociña do colexio, o número de prazas é limitado (15 nenas/os + 15 familiares),  polo que se pide ás familias que se anoten antes do día  11 de Abril inclusive.

O taller abonarase en horario de oficina da anpa o martes 10 de de abril de 8:45 a 11:00.

 

Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono:

Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856.

Un cordial saúdo:

A Xunta directiva