Monthly Archives: febrero 2018

FESTA DO ENTROIDO DA ANPA

Estimadas familias:

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai a organizar este venres 9 de Febreiro unha festa de carnaval. Será no pavillón do colexio, das 16:30 as 19:30 horas.

A entrada será gratuíta para os socios da ANPA. Os prezos das entradas para os non socios será de 3€ neno e 2€ adulto. Contaremos con inchables, monitor@s e actividades para os nenos e nenas.

Instalarase tamén unha pequena cantina con refrescos, café e chocolate a prezos populares, co fin de recadar fondos para as excursións de fin de curso.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A Xunta Directiva

En breve comezará o proceso de admisión para o próximo curso.

Estimadas familias: 

Segundo o establecido na “ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado” entre o 1 e o 15 de febreiro estará aberto o prazo para facer a reserva de matrícula para o vindeiro curso nos centros adscritos (IES A Cachada).

Para realizar a reserva de praza, podedes descargar o documento que se adxunta (anexo I) e entregalo cuberto na secretaría do centro, ou ben recollelo na mesma.

Así mesmo tamén a podedes cubrir en liña na seguinte dirección:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

“Solicitudes – Reserva – Crear solicitude de reserva”.

 

En marzo teremos que solicitar a admisión no Centro para para 4º de Infantil ou alumnado que se queira matricular para o próximo curso (os que xa están matriculados non tedes nada que entregar).

Os admitidos, terán que formalizar a matrícula en xuño.

Publicaremos a orde da consellería xunto cos anexos e instruccións en canto sexa publicado.

 

SAÚDOS

Programación febreiro – CENTRO SOCIAL DE CABO DE CRUZ

Estimad@s amig@s, remitimos información da programación do mes de FEBREIRO, dándovos as grazas, por adiantado, pola vosa participación e difusión destas actividade .

EXPOSICIÓN 

O vindeiro 5 de febreiro abrirase ó público a  exposición “Tradicións e Rituais Galegos”. E unha mostra sinxela, composta por paneis informativos sobre O Antroido, O Samahín, O San Martiño… cá súa parta recreativa dos distintos acontecementos. (Non se fai inauguración)

 

A exposición poderase ver ata final de mes, de luns a venres de 10:00 a 14:00h. e de 16:00 a 19:00h. de martes a xoves. (Martes 13 pola tarde o Centro estará pechado)

 

OBRADOIRO DE ANTROIDO

Para os cativos de 6 a 12 anos teremos os días  12  (1º turno) e 14 (2º turno) de febreiro de 10:30 a 13:30h. un obradoiro  dividido en dúas partes: na primeira, faremos repostería creativa de Antroido; e na segunda confeccionaremos pelucas e gorros As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta. Prazo de inscrición ata o 8/02/18 .

 

Centro Social de Cabo de Cruz

R/ Pesqueira nº 93 ? 15939 ? Cabo de Cruz

Boiro- A Coruña

Teléfono: 981 84 78 59

Email: cabodecruz@boiro.org

Web: cabodecruz.org  / centrosocialcabo.blogspot.com