Archivos día 2 noviembre, 2015

A BAIABIBLIO XA ESTÁ DE VOLTA!!

 

Despois dun tempo pechada por reformas, a BAIABIBLIO abre as súas portas o mércores, 4 de novembro, no recreo.

Espéranvos algunhas novidades que seguro vos gustarán: nova organización, un rincón de lectura…

Podes visitarnos durante o recreo, na sesión de biblioteca da túa aula ou polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ademais, os mércores a partir do 11 de novembro, podes vir acompañado dos teus familiares. Este día podes realizar préstamos, buscar información, ler e participar nalgunhas actividades como contacontos, obradoiros… que se irán organizando ao longo do curso.

Para recordarvos as normas, organización, funcionamento… da Baiabilio, o equipo de bilio elaborou este tríptico que esperamos que vos sirva de axuda.

 

Publicación1

 

tríptico biblio 1_Página_2