Monthly Archives: noviembre 2015

Imos… de concerto!!!

Os de 4º, 5º e 6º temos a sorte de ir ver hoxe á Casa da Cultura de Boiro (A Cachada)…

gallaecia gallaeciños

 

Estes son extractos do concerto que sacou o mestre Luis.

 

 

 

 

Todos do mesmo lado…

Durante os días comprendidos entre o 25 de novembro e 10 de decembro, farémonos eco da proposta da ONU “pinta o teu mundo de laranxa”, para facer visible a nosa repulsa contra a violencia de xénero.

Os nenos realizarán pulseirMundo-naranjaas laranxas (goma eva, lá, ou gomiñas), porán mensaxes nas ventás e colocaranse no Centro globos laranxas.

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: curso 2015/2016

Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16, que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e aquel que, tendo solicitada a dita axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Aquí pode acceder á orde.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

 

 

CONTACONTOS “A PRINCESA DO CAUREL”

Non olvides vir a tarde do mércores, 11 de novembro, ás 16:15, á Baiabiblio.

É a primeira tarde que a biblioteca abre as súas portas ás familias, e para celebralo estarán con nós dúas contacontos moi especiais:

Elisa, alumna e colaboradora da biblio (agora xa no instituto) e a súa nai, Margarita, contaránnos e cantaránnos o conto:

9788496573529

Xa estamos!!! A BrB!!!

OS MEMBROS DA BrB 15/16

Corda: Irene (6ºB), Mauro (6ºA), Pablo (5ºA), Sheila (6ºC), Anelís (5ºA)

Percusión: Noemí (4ºA), Laura (6ºB), Iria (4ºA), Vanessa (6ºB), Iria (4ºA), Antía (4ºC), Estrella(6ºB)

Teclado: Antía (4ºA)

Voces: Lucía (4ºC), Juandaly (5ºA), Alba (6ºA), Andrea (5ºA), Aitana (4ºC)

Outros: Lara (6ºB)

A BAIABIBLIO XA ESTÁ DE VOLTA!!

 

Despois dun tempo pechada por reformas, a BAIABIBLIO abre as súas portas o mércores, 4 de novembro, no recreo.

Espéranvos algunhas novidades que seguro vos gustarán: nova organización, un rincón de lectura…

Podes visitarnos durante o recreo, na sesión de biblioteca da túa aula ou polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ademais, os mércores a partir do 11 de novembro, podes vir acompañado dos teus familiares. Este día podes realizar préstamos, buscar información, ler e participar nalgunhas actividades como contacontos, obradoiros… que se irán organizando ao longo do curso.

Para recordarvos as normas, organización, funcionamento… da Baiabilio, o equipo de bilio elaborou este tríptico que esperamos que vos sirva de axuda.

 

Publicación1

 

tríptico biblio 1_Página_2