Archivos día 25 junio, 2015

Saída a Noia

O pasado mes de maio, os días 5, 6 e 12, o alumnado de infantil repartidos por niveis, realizaron unha saída a Noia, co fin de visitar o Museo do Mar, ademais de dar un paseo pola Praza de Abastos, onde puideron degustar un chocolate con churros por cortesía da USPAN (Asociación de Usuarios da Praza de Abastos de Noia), recorreron os distintos postos deste mercado, e foron moi amablemente atendidos polos seus traballadores.

A saída estaba enmarcada no proxecto que todo o alumnado de infantil estaba a traballar “Manola, vendedora ambulante de peixe fresco”. As explicacións do señor Félix no museo xunto coa gran exposición de ferramentas e aparellos relativos ao mar e á pesca; e a cercanía dos peixes nos postos do mercado, resultaron ser unha vivencia moi gratificante e productiva para complementar o aprendido nas aulas.

 

IMG-20150512-WA0011 IMG-20150513-WA0000 IMG-20150513-WA0001 IMG-20150514-WA0000 IMG-20150514-WA0001 IMG-20150514-WA0002 1 IMG-20150514-WA0003 IMG-20150514-WA0010 IMG-20150514-WA0011 IMG-20150514-WA0012 IMG-20150514-WA0013 IMG-20150514-WA0014 IMG-20150514-WA0015 IMG-20150514-WA0017 IMG-20150514-WA0018 IMG-20150514-WA0019 IMG-20150514-WA0020 IMG-20150514-WA0021 IMG-20150514-WA0022