FESTA DO SAMAÍN (venres 10)

Estimados pais e nais:

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar o vindeiro  venres 10 de NOVEMBRO a festa do SAMAÍN. Será no pavillón do colexio, desde as 16:30 ata as 19:30 horas. Igual que en anos anteriores, farase unha exposición de cabazas, polo que todos aqueles nenos que o desexen poderán traer a súa “decorada”. Poden traela o venres ao colexio, ou ben a tarde  durante a festa. Ao rematar, a eso das 19:30 horas, precederase ao encendido. Tanto nenos como pais poden vir disfrazados.

 

A entrada será gratuita para os socios da ANPA. Os precios das entradas para os non socios será de 3€ neno e 2€ adulto.  Contaremos con inchables, monitores e algunha sorpresa.

Instalarase unha pequena cantina con refrescos e café a precios populares, co fin de recaudar fondos para as excursións dos nenos. Asimesmo, pedimos a vosa colaboración na preparación e elaboración da merenda, con postres, dulces típicos…  que podedes traer ese mesmo día a festa.

Tamén pedimos a vosa colaboración para axudarnos na decoración da festa. Os interesados poden ir o xoves directamente ao pavillón as 16:00 horas.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A Xunta Directiva

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *