Charla de seguridade

Recordaros que mañan temos (os que se anotaron) a charla de seguridade por Internet coa colaboración da Aula CeMIT de Boiro ,”Rapaciños a Tecnoloxía ben segura”. Ten por obxectivo presentarlles ás familias os riscos que os fillos corren nas redes sociais e Internet se non toman precaucións, ver as similitudes e diferencias entre o mundo dixital e o mundo real.

A charla será no 1º andar do Centro Social de Boiro  ás 10:00 h e rematará ás 12:30 h. As prazas son limitadas polo que se pide ás familias que se anoten.

Confirmade asistencia. Gracias

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *