Estimadas familias, a través desta nota informativa facémosvos chegar que o próximo xoves 9 de Marzo, está convocada unha folga educativa a nivel estatal, para pedir a derrogación da LOMCE, non máis recortes en educación e a recuperación dos recursos humanos e materias perdidos nestes anos. Está convocada pola “PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO” co apoio de sindicatos e tamén da CEAPA (Confederación Española de ANPAS). Nesta ocasión CONFAPA Galicia (Confederación de ANPAS galegas a cal nos pertencemos) non secunda a folga e polo tanto nos, como asociados que somos de dita confederación, acatamos a súa decisión e non vamos a secundar a folga. Esto non implica, que a nivel persoal e particular, teñamos que estar de acordo con esta decisión, e polo tanto, cada familia ten a liberdade de apoiar ou non dita folga, e a decisión de mandar ao colexio aos nen@s ese día é das familias.
Para máis info:
https://www.ceapa.es
www.santabaia.es


Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,
A Xunta Directiva.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *