Concurso de debuxo infantil

O Concello de Melide, a través da Concellaría de Promoción Económica, convoca o IX concurso de debuxo infantil Melindresricos con motivo da Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide, que este ano se celebrará os días 7 e 8 de maio, coincidindo como é habitual co segundo fin de semana do mes de maio.

O certame está dirixido a escolares de entre 3 e 14 anos e terá como temática central a repostería tradicional da Terra de Melide, comprendendo desde ingredientes e procesos de elaboración até a propia festa de exaltación do melindre e a respostaría da Terra de Melide.

Con este concurso o que se pretende é implicar aos nenos/as neste evento, facelos partícipes dunha tradición e dala a coñecer en toda Galicia.

Co obxectivo de que este certame se manteña no tempo e de que cada ano participen máis rapaces/zas, solicitamos a colaboración por parte dos centros educativos e especialmente dos titores/as na difusión e implicación do alumnado, podendo ofertalo como unha actividade de clase.

Os interesados en participar terán até o xoves 5 de maio de 2016 para presentar os debuxos. Deberán entregalos na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor de Melide ou no Departamento de Cultura da casa do Concello, ben de maneira individual ou ben de forma grupal se se realiza como unha actividade de clase.

Achego con esta carta trípticos informativos coas bases do concurso co fin de que informen a todo o alumnado.

IX CONCURSO DE DEBUXO MELINDRESRICOSIX CONCURSO DE DEBUXO MELINDRESRICOS-BASES

Esperando que esta información sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *