Día da Paz (modo chuzos de punta ON)

2447_ley_de_murphy

Como se de a Lei de Murphy se tratara, hoxe non puidemos levar a cabo tódalas sorpresas e actividades que tiñamos preparados para os máis pequenos en colaboración co CEIP de Escarabote e o CEIP Praia Xardín. O tempo así non nolo permitiu.
Para aproveitar ao máiximo todo o traballo feito fixemos un intercambio de caramelos entre clases, deste xeito non perdimos de vista os obxectivos propios de celebrar este día tan importante.
A continuación algunhas fotos dalgúns dos alumnos/as de 6º todos ledos, despois de realizar o intercambio de caramelo con doble sorpresa doce: dentro había lacasitos e fóra  unha palabra  escrita propiamente galega que non se soe empregar, relacionada co Amor e ca Paz en xeral, como por exemplo: celme, ruada, exhortar, tenrura, cóxegas… Coñecíalas¿??

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *