Actividade no Concello

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro queremos convidarvos á clase maxistral de zumba que imos realizar o vindeiro Martes día 25 de Novembro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Dita actividade vai ter lugar ás 18:00 horas na Praza do Concello (se chove realizarase dentro, no vestíbulo do Concello).

É unha actividade aberta e na que nos gustaría que participara todo tipo de público, polo que vos animamos a participar e a que lle deades difusión entre o voso alumnado e profesorado.

Esperamos que disfrutedes da actividade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *