Monthly Archives: noviembre 2017

Taller de xabóns artesanais

Dende a ANPA ofrecémosvos o taller “Elaboración Artesanal de Xabóns e Sales”. Neste taller as/os pequen@s da casa aprenderán a elaborar xabóns e sales de baño de forma tradicional, que coa chegada dovNadal se poden converter nuns estupendos agasallos para toda a familia. A actividade está dirixida a nen@s de 5 a 12 anos de idade, o prezo para                   soci@s será  de 2’50€, e de 3€ no caso de non ser soci@s. O Taller vaise realizar o xoves 14 de decembro de 18:00 a 20:00 horas, no comedor do                 colexio, o número de prazas é limitado. Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono: Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856. Un cordial saúdo: A Xunta directiva.

Aprender a educar

Conferencia gratuíta “Aprende a Educar”.

Este sábado, 2 de decembro ás 18 horas, no Auditorio do Concello Ribeira. A entrada poderase recoller no propio auditorio 1/2 h antes do acto ata encher aforo.
A conferencia, organizada polo Concello de Ribeira, será impartida por Pedro García Aguado (Hermano mayor) e por Francisco Castaño Mena (Educador).

Paso visible da ISS

Achegamos unhas indicacións para poder disfrutar da visión do paso da ISS polo ceo boirense.

Paso visible 1 de diciembre 2017

Pasos visibles semana 27 nov 03 dec

Stellarium

Uso da web pasos visibles ISS

Esperamos que vos guste!

Exposición Centro Social – Cabo de Cruz

1.- Invit. inauguración Manualids… 01 12 17

Semana da ciencia. Venres 17.

O alumnado de 1º tivo a oportunidade de ver o que se pode facer cunhas simples pezas de construción, un motor, un mando a distancia e imaxinación. Un alumno de 6º amosóunolo.

Teatro “O lobo e a Lúa”

Este xoves 16 fomos Á Cachada a ver a obra teatral “O lobo e a Lúa”.

Nova entrada para o alumnado transportado

Luns 20 de novembro, comeza o uso da nova porta Sur de acceso ao centro para o alumnado transportado.

Os nais/pais que traedes en coche nenos/as ao Centro, poderedes utilizar o lugar que estaba reservado para buses na Avda. Compostela (entrada principal do Centro) para baixada do alumnado.

Para un mellor funcionamento e maior seguridade, rogamos respecten as sinais de tráfico.

SAÚDOS

A dirección.

Xornadas sobre o TDAH

XORNADA TOTALMENTE GRATUITA

Do 1 ó 22 de Novembro do 2017, se o desexa, poderase facer unha prereserva de maneira moi sinxela . 

-No enderezo electrónico tdahsalnes@gmail.com  da Asociación TDAH-SALNES , indicando Nome, Apelidos do solicitante e da persoa acompañante (máximo 2 reservas de adulto e indicando a maiores a asistencia de nen@s ) e un número de teléfono de contacto.

-No teléfono 658.238.472 

FESTA DO SAMAÍN (venres 10)

Estimados pais e nais:

A ANPA TORRE DE GOIÁNS vai  organizar o vindeiro  venres 10 de NOVEMBRO a festa do SAMAÍN. Será no pavillón do colexio, desde as 16:30 ata as 19:30 horas. Igual que en anos anteriores, farase unha exposición de cabazas, polo que todos aqueles nenos que o desexen poderán traer a súa “decorada”. Poden traela o venres ao colexio, ou ben a tarde  durante a festa. Ao rematar, a eso das 19:30 horas, precederase ao encendido. Tanto nenos como pais poden vir disfrazados.

 

A entrada será gratuita para os socios da ANPA. Os precios das entradas para os non socios será de 3€ neno e 2€ adulto.  Contaremos con inchables, monitores e algunha sorpresa.

Instalarase unha pequena cantina con refrescos e café a precios populares, co fin de recaudar fondos para as excursións dos nenos. Asimesmo, pedimos a vosa colaboración na preparación e elaboración da merenda, con postres, dulces típicos…  que podedes traer ese mesmo día a festa.

Tamén pedimos a vosa colaboración para axudarnos na decoración da festa. Os interesados poden ir o xoves directamente ao pavillón as 16:00 horas.

Sen outro particular, aproveitamos a ocasión para saudalos atentamente,

A Xunta Directiva