Daily Archives: 26 octubre, 2017

Saída do alumnado de primaria

Bos días

A partir do luns 30 de outubro, e co afán de mellorar a organización e facilitar o cumprimento das instrucións 9/2017 sobre a saída do alumnado, instamos aos responsables de recoller ao alumnado de primaria a que se sitúe na zona do patio cuberto destinada a cada nivel (onde fan a fila para a entrada ao Centro). Deste xeito intentamos facer máis fluída, organizada e cómoda para todos a saída.

A dirección