Monthly Archives: octubre 2017

Saída do alumnado de primaria

Bos días

A partir do luns 30 de outubro, e co afán de mellorar a organización e facilitar o cumprimento das instrucións 9/2017 sobre a saída do alumnado, instamos aos responsables de recoller ao alumnado de primaria a que se sitúe na zona do patio cuberto destinada a cada nivel (onde fan a fila para a entrada ao Centro). Deste xeito intentamos facer máis fluída, organizada e cómoda para todos a saída.

A dirección

VENDIMA NO COLE

Todo o alumnado de 3º de primaria tivo unha xornada dedicada a coñecer un froito tan outonal como a UVA e os seus derivados: mosto e viño.

Puidemos elaborar e probar mosto branco e tinto, separar o bagazo e deixamos fermentar un pouco de mosto para ver o efecto que se producía para obter o viño.

Nunca víramos o gas que se produce e que tamén está na coca cola!!!!

É DIVERTIDO APRENDER VISITANDO A COCIÑA DO COLE!!!!!!!.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES coas seguintes actividades:

  • Contacontos no recreo:

 

  • Sesión de formación de usuarios. O alumnado do centro acudirá á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
  • Posta en marcha das mochilas viaxeiras para 5º e 6º.
  • Entrega ás familias do tríptico explicativo do funcionamento da Baiabiblio

LIBROS DE TEXTO DE 3º E 5º NIVEL

Xa é sabido por vostedes da problemática xurdida pola negativa da consellería ao cambio de libros de texto de 3º e 5º nivel, pero non podemos dilatar máis o comezo do traballo ordinario nas aulas con este recurso.

 

A partires desta semana, vaise a comezar o traballo cos libros de texto da seguinte maneira:

– Nas asignaturas que todo o alumnado do grupo teña libro, traballarase de maneira habitual.

– Nas asignaturas nas que algún neno/a non teña o libro, e mentres non o consiga, este recurso só será material de aula.

 

Deste xeito tentamos que esta situación afecte o mínimo ao alumnado.

 

Boiro, 16 de outubro de 2017

 

SAÚDOS

 

O director.

CLUB DE LECTURA

Xa está en marcha o club de lectura para os alumn@s de 6º.

O libro elixido polos membros do club é “Ojos de nube”, de Ricardo Gómez.

http://baiabiblio.blogspot.com.es/

 

Achegando dous mundos

Proxecto realizado no curso 2016/2017 co alumnado de 6º e os usuarios do Centro de día de Boiro.

Actividade formidable, formadora e na que aprendemos moito… de todo.

Aquí vos deixamos un resumo, esperamos que vos guste. SAÚDOS

 

Curso de Cociña en Familia

A continuación tedes a nota de convocatoria do curso de Cociña en Familia que se celebrará o próximo 3 e 17 de novembro.

Prezadas familias:

Dende a ANPA ofrecémosvos o  taller “Cociñando en Familia”. No taller de cociña os nen@s acompañados dun familiar van elaborar dous pratos salgados e un postre guiados polo cociñeiro, con isto pretendese achegar aos mais pequenos/as a cociña e aprender receitas novidosas. O taller vai ter unha duración aproximada de 2 horas, ao rematar degustaranse os pratos elaborados no curso. Unha parte do prezo do taller e subvencionado pola Anpa polo que o custe  por parella será de 10€ a socios, (non socios 15 euros.)

O taller vai realizarse o venres 03 e 17 de Novembro de 18:00 a 20:00 horas, na Cociña do colexio, o número de prazas e limitado (15 nen@s + 15 familiares).

A día de hoxe, as prazas están cubertas! Grazas

 

Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono:

Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856.

Un cordial saúdo:

A Xunta directiva

“Ofimática divertida para nen@s”

Prezadas familias:

Dende a ANPA ofrecémosvos un curso de “Ofimática divertida para nen@s”  coa colaboración da Aula CeMIT de Boiro (Sin coste). Ten por obxectivo presentarlles aos nen@s as utilidades que teñen as ferramentas do paquete ofimático Libreoffice, e achegarlles de un xeito sinxelo as posibilidades que ofrecen os programas para realizar diferentes tarefas. Idades (De 9 a 12 anos).

O curso será na Aula de Informática do 1º andar do Centro Social de Boiro, os martes de 18:00 a 20:00 horas,  o curso dará comezo o vindeiro martes 17 de outubro e rematará o día 7 de novembro as prazas son limitadas polo que se pide ás familias que se anoten antes do día  13 de outubro inclusive.

Confirmar asistencia nos seguintes números de teléfono:

Celia-630892786 / Mª Dolores(Loli)-609320856.

Un cordial saúdo:

A Xunta directiva

Centros colaboradores coa ANPA

Aquí vos deixamos a listaxe de comercios colaboradores coa ANPA e a listaxe de descontos para socios.

Lembrade que a oficina está aberta os martes de 8:45 a 11:15 para todos os que queirades facervos socios.

BAIA ROCK BAND!!!!

ATENCIÓN!! ATENCIÓN!!

COMEZAN AS PROBAS DE SELECCIÓN!!!!!

CASTING BAIA ROCK17-18