Monthly Archives: septiembre 2017

Menús de outubro

Axunto podedes consultar os menús propostos para o mes de outubro.

Folla de reclamacións

Axunto podedes acceder á folla de reclamacións da ANPA co fin de mellorar os nosos servizos.

Charla de seguridade

Recordaros que mañan temos (os que se anotaron) a charla de seguridade por Internet coa colaboración da Aula CeMIT de Boiro ,”Rapaciños a Tecnoloxía ben segura”. Ten por obxectivo presentarlles ás familias os riscos que os fillos corren nas redes sociais e Internet se non toman precaucións, ver as similitudes e diferencias entre o mundo dixital e o mundo real.

A charla será no 1º andar do Centro Social de Boiro  ás 10:00 h e rematará ás 12:30 h. As prazas son limitadas polo que se pide ás familias que se anoten.

Confirmade asistencia. Gracias

Activity Book de Inglés

O centro pide que informemos que o alumnado de 3° e 5° debe mercar o activity book de inglés.

Convocatoria de reunión

Lembrade que mañá hai unha asemblea xeral (20h en 1a convocatoria e 20:30 en 2a) no colexio. Agardámosvos

Actividades extraescolares 17-18

A continuación deixámosvos a listaxe de actividades extraescolares ofertadas para estes curso.

Programación Centro Social de Cabo

CScaboPROG setembro 2017 – xuño 2018

Menú do comedor de setembro

Aquí tedes o menú deste mes.

Actividades de tarde. Novas

Informarvos que este ano os martes de 16:00 a 18:00, non estará aberta a biblioteca para deixar aos nen@s. O centro decidiu isto xa que é o día que teñen para as titorías, clautros, reunións de departamento e así atender mellor aos pais.

O resto dos días a biblioteca estará aberta en horario de 16:00 a 18:00.

Comezo do curso

Informaros que o Luns 11 comeza o cole co horario habitual de 8:45 a 13:45. O  mesmo luns xa haberá os servizos de autobús coas paradas do ano pasado, o comedor (a poder ser avisade a Luís  para saber o número aproximado dos que vaian) e tamén habrá o servicio de madrugadores de 7:30 a 8:45.