Monthly Archives: marzo 2017

APERTURA EXPO CABO MARZO 2017

APERTURA EXPO CABO MARZO 2017
Estimad@s amig@s, remitimos información da  apertura da exposición do mes de MARZO, agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión e participación deste programa culturaL
Neste mes,  na sala de exposicións do CSoCC poderá verse, baixo o título “Minerais e Fósiles”, a colección privada da asociación AETEMA onde  se expoñerán diferentes minerais e fósiles atopados na propia natureza.
 
A mostra abrirase ao público o 10 de marzo do 2017 podendo ser visitada en horario do centro e permanecerá aberta ata finais de mes.

 

Saúdos
 
 
Centro Social de Cabo de Cruz
R/ Pesqueira nº 93 – 15939 – Cabo de Cruz
Boiro- A Coruña
Teléfono: 981 84 78 59
Web: cabodecruz.org  / centrosocialcabo.blogspot.com
VISITA O NOSO BLOG E PODERAS VER TODA A INFORMACIÓN DO CENTRO SOCIAL DE CABO DE CRUZ

O mar de plástico

Xornadas de sensibilización

SÁBADO 25 DE MARZO ÁS 18:00H NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO

Presentación das xornadas, documental «Sopa de plástico» e charla debate sobre medidas para reducir os plásticos no mar.

DOMINGO 26 DE MARZO ÁS 9:00H NA PRAIA DE BARRAÑA

Recollida de residuos non orgánicos (inscribirse en foroecoboiro@gmail.com)

Presentación do método Bates

O foro ecolóxico de Boiro organiza unha nova charla para dar a coñecer o método Bates, o venres 17 de marzo ás 20h, entrada de balde. Apta para tódolos públicos, incluídos os nenos.

OBRADOIRO DE CREMA DE CACAO

 

Unha vez máis, temos que dar as grazas ás mamás do Foro Ecolóxico de Boiro, que hoxe nos acompañaron para aprendernos a facer unha deliciosa crema de cacao.

Investigamos algunhas cuestións sobre os ingredientes das cremas de cacao.


E, como non, degustamos a crema de cacao caseira

 

Atréveste a facer a túa crema?