Daily Archives: 28 enero, 2017

MUÍÑOS DE PONTE GOIÁNS

Durante os próximos meses, imos levar a cabo no colexio un proxecto de investigación sobre os muíños de Ponte Goiáns. Estes, e outros muíños de Boiro, gardan unha parte moi importante da historia, tradicións e costumes do noso pobo.

As diferentes aulas do cole estudiaremos unha parte do proxecto que logo compartiremos cos nosos compañeiros: o funcionamento dos muíños, as súas partes, a elaboración do pan, a enerxía hidráulica, a fauna e flora do entorno, costumes…

Realizaremos distintas actividades (visitas, charlas, exposicións…) das que vos iremos informando, e para elo, queremos pedir a colaboración das familias. Seguro que algún pai, nai, avó, avoa… pode aportarnos algún material, historia,  cantiga… sobre o tema. Estaremos encantados de contar coa cosa axuda.

Deixámosvos con estas imaxes de Ponte Goiáns

Video cedido por José García Santiago, fotógrafo especializado en fotografía submarina. Aquí podes visitar o seu blog http://www.mergullo.net