Daily Archives: 7 junio, 2016

Comunicado MAREA VERDE DO ENSINO

ÁS COMUNIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE GALICIA

Dende a Coordinadora da Marea verde do ensino no Val Miñor poñémonos en contacto con vós para dar a coñecer e invitarvos a participar na 1ª Asemblea da Marea Galega pola Educación Pública que se vai a celebrar o sábado 18 de xuño de 11:00 a 13:00, en Compostela, no local de Compostela Aberta, na Praza do Toural. Trátase dunha asemblea aberta polo que se poden facer propostas sobre os apartados da orde do día. Nese caso deberedes de remitilas ao correo indicado abaixo poñendo no apartado asunto PROPOSTAS ASEMBLEA. Deben de enviarse coa suficiente antelación para que, se procede e se o tempo dispoñible o permite, se inclúan na mesma.

Pregamos a máxima difusión e reiteramos a nosa máis cordial invitación.

Grazas. Val Miñor, 1 de xuño de 2016.

Coordinadora da Marea póla Educación Pública do Val Miñor mareaverdedoensino@gmail.com

Presentación

Orde do día