Archivos día 18 abril, 2016

Asamblea Xeral Extraordinaria de Abril

 

Estimados socios e non socios:

Coa presente queremos convidalos a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da “ANPA Torre de Goiáns” do CEIP Santa Baia, convocada para o vindeiro luns 18 de abril no colexio “Santa Baia”, as 20:00 en primeira convocatoria e ás  20:30 en segunda convocatoria para tratar o seguinte tema:

  • Comedor escolar: decidir si segue xestionado porla ANPA ou si se cede a xestión a Xunta de Galicia.
  • Rogos e preguntas.

Ao tratarse dun tema tan importante e trascendente, rogamos a vosa participación e asistencia nesta asamblea, xa que a decisión que se tome en canto a xestión do comedor será irrebocable.

A Xunta Directiva.

 

Logo Norm

ESTA SEMANA… o libro é o protagonista!

Xulio Gutiérrez, MªJosé Gulín, Antón Riveiro Coello e o propio alumnado, daranlle valor a este preciado medio de transporte de entretemento, cultura e sabiduría.

 

 

 

Luns e martes, visítanos Xulio Gutiérrez para presentarlles ao alumnado de 5º e 6º a súa colección de libros “Animais extraordinarios”

XULIO GU

O xoves María José Gulín realizará dúas sesións de contacontos “O zapateiro no bosque”, unha para 1º e 2º ás 11:00, e outra ás 12:00 para 3º e 4º.

o zapateiro no bosque

Venres

ás 10:30h Antón Riveiro Coello visitará ó alumnado de 2º nivel que traballaron textos seus adaptados, para facer unha actividade xuntos.

anton riv

ás 12:00h a actividade estrela, o apadriñamento lector!!! un neno de 3º a 6º farase cargo dun alumno de infantil a 2º e será o seu contacontos particular.

ESPERAMOS QUE SE DESFRUTRE!!!

ANPA TORRE DE GOIANS

As nais e pais dos alumnos do C.E.I.P. Santa Baia queremos darvos a benvida. O noso obxectivo é ofrecervos información sobre as actividades e tarefas que  levamos a cabo, paralelas e complementarias á formación escolar que ofrece o centro educativo.

Pensamos que esta ferramenta pode ser moi útil para as familias, profesores e alumnos. E confiamos en que :

  1. -axude a coñecer un pouco máis o ámbito educativo dos nosos fillos,
  2. -axude a qué actividades se levan a cabo e
  3. -sirva de medio para contactar e intercambiar ideas e suxestións, para mellorar o ámbito educativo. Esperemos que vos guste!

Logo Norm